Historia

A nosa Asociación, Saúde Mental Ferrol, Eume e Ortegal naceu como AFAES "Porta Nova" en 1995, impulsada por un grupo de persoas que decidiron formar unha asociación para promover o benestar das persoas con problemas de saúde mental na área sanitaria de Ferrol, contando para iso coa colaboración de varios profesionais dese ámbito.

Na actualidade, contamos con dous Centros de Rehabilitación Psicosocial, en Narón e Cerdido, un Centro Ocupacional en Narón e tres pisos protexidos. Nestes dispositivos desenvolvemos actividades que promoven a saúde e o benestar das persoas con problemas de saúde mental, a súa recuperación psicosocial e laboral e a integración dos usuarios na súa contorna, así como o apoio a familiares e achegados mediante a axuda mutua, a xestión de recursos e o soporte social.

20

CONCELLOS

+1500

km²

+140

PERSOAS ATENDIDAS

+40

CURSOS DE FORMACIÓN

Ámbito de actuación

O noso ámbito de actuación son os 20 Concellos da área Sanitaria de Ferrol: Ares, Cabanas, A Capela, Cariño, Cedeira, Cerdido,Fene, Ferrol, Mañón, Moeche, Monfero, Mugardos, Narón, Neda, Ortigueira, As Pontes, Pontedeume, San Sadurniño, As Somozas e Valdoviño.

Organigrama

Saúde Mental Ferrol, Eume e Ortegal goza das seguintes consideracións:

  • Rexistrada no Rexistro Provincial de Asociacións da Coruña co número 4003/1ª en data 17 de Julio de 1995.
  • Rexistrada no Rexistro municipal de Ferrol: Nº 173: 17 de Outubro de 1995.
  • Rexistrada no Rexistro municipal de Narón: Nº 119: 20 de Outubro de 1995.
  • Rexistrada no Rexistro de Entidades de Servizos Sociais da Comunidade Autónoma Galega con número S-859, 26 de outubro de 1995.
  • Declarada de Utilidade Pública ( OM Orde INT/985/2005, do 7 de abril) Madrid 27 de xaneiro de 2007.

Formamos parte do movemento asociativo a favor das persoas con enfermidade mental Saúde Mental FEAFES Galicia (a nivel autonómico), así como da Confederación Salud Mental España (a nivel estatal).