Usuarios de Saúde Mental Ferrol, Eume e Ortegal e personas atendidas polo Plan de Inclusión de Galicia- Equipo Comarcal de As Pontes, benefícianse do curso de “Agricultura ecolóxica”.

Usuarios de Saúde Mental Ferrol, Eume e Ortegal e persoas atendidas polo Plan de Inclusión de Galicia- Equipo Comarcal das Pontes, benefícianse do curso de “Agricultura ecolóxica” subvencionado pola Consellería de Política Social e cofinanciado parcialmente polo Fondo Social Europeo.

A Asociación Saúde Mental Ferrol, Eume e Ortegal, comezou a impartir unha acción formativa subvencionada pola Xunta de Galicia, Consellería de Política Social e cofinanciada parcialmente polo Fondo Social Europeo no seu obxectivo 9 “Promover a Inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación”, en base as axudas reguladas na 12 de maio de 2017 (DOG nº 104, do 2 de xuño de 2017).

Trátase dun curso de 200 horas, “Agricultura Ecolóxica” que comezou o 1 de febreiro e que se prolongaráhasta o 6 de abril. Para este curso foron seleccionadas 8 persoas, derivadas polo Plan de Inclusión de Galicia a través do Equipo Comarcal das Pontes e usuarios de Saúde Mental Ferrol, Eume e Ortegal.

As clases prácticas correspondentes ao curso de Agricultura Ecolóxica serán na leira sita nos Vicás, Narón e as prácticas externas na explotación AGRONUQUEL, S.L. de Neda.

As accións formativas serán impartidas, nos contidos específicos, por profesionais do Centro Ocupacional Saúde Mental Ferrol, Eume e Ortegal, contando coa colaboración de dous técnicos do Plan de Inclusión de Galicia- Equipo Comarcal das Pontes para impartir os módulos transversais.