Este martes tivo lugar na Asociación Saúde Mental Ferrol, Eume e Ortegal, a entrega de diplomas e o acto de clausura do curso “Construyendo mi camino hacia el empleo”, dirixido a 4 usuarios da Asociación. O curso, que se iniciou a principios de setembro e que tivo unha duración de 350 horas teórico-prácticas, desenvolveuse grazas ao financiamento de
FSC Inserta Empleo Juvenil e Fundación ONCE.

Ao acto de clausura asistiron os alumnos e as súas familias, Divina Amenedo Grueiro, Directora da Asociación e Pilar Martínez Casteleiro, educadora social responsable desta formación. Posteriormente usuarios, familiares e técnicos gozaron de degustación de aperitivos. A través desta formación os alumnos adquiriron coñecementos, habilidades sociais e laborais e aptitudes útiles para desenvolverse no ámbito profesional e persoal.