Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia. Contratación de dous traballadores desempregados

Por resolución da Consellería de Economía, Emprego e Industria, Secretaría Xeral de Emprego, de 19/12/2017, a Asociación Saúde Mental Ferrol, Eume e Ortegal, en calidade de entidade sen ánimo de lucro, recibe unha subvención ( exp. 352A 2017/251-0) para a contratación de traballadores desempregados en base ao proxecto presentado “Aumento das actividades ocupacionais para as persoas con enfermidade mental na Asociación Saúde Mental, Ferrol, Eume e Ortegal”.

A resolución deu resposta positiva á solicitude presentada na que se contemplaba a necesidade de incorporar durante un ano os seguintes perfís profesionais:

  • Un profesional, a media xornada, na categoría de axudante non titulados, para organizar un taller novo de tipo artesanal en resposta os intereses dos usuarios,
  • Un profesional, cunha dedicación do 75% da xornada completa, na categoría de oficial de 1ª e 2ª, para reforzar os adestramentos en actividades da vida diaria e na autonomía persoal nos residentes das vivendas protexidas da entidade.
  • Un profesional graduado en educación física, a media xornada, para traballar o estado físico dos usuarios mediante a intervención individualizada e adaptada ás características propias de cada usuario.

Finalmente na selección de candidatos puidemos cubrir dous dos tres postos de traballo subvencionados; o posto de profesor de taller de artesanía da madeira como taller do Centro de Rehabilitación Psicosocial e Laboral e o posto de asistente persoal como reforzo para os residentes das vivendas protexidas en tarefas de axuda a domicilio.

O importe económico da axuda para contratar aos dous profesionais desde o 29 de decembro de 2017 ata o 28 de decembro de 2018, ascende o importe de 26.331,00 €.