Usuarios de Saúde Mental Ferrol, Eume e Ortegal, e persoas atendidas polo Plan de Inclusión de Galicia – Equipo Comarcal das Pontes, benefícianse do curso de “Lavandería e limpeza de inmobles”.

Usuarios de Saúde Mental Ferrol, Eume e Ortegal e persoas atendidas polo Plan de Inclusión de Galicia – Equipo Comarcal de As Pontes, benefícianse do curso de “Lavandería e limpeza de inmobles” subvencionado pola Consellería de Política Social e cofinanciado parcialmente polo Fondo Social Europeo.

A Asociación Saúde Mental Ferrol, Eume e Ortegal, comezou a impartir unha acción formativa subvencionada pola Xunta de Galicia, Consellería de Política Social e cofinanciada parcialmente polo Fondo Social Europeo no seu obxectivo 9 “Promover a Inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación”, en base as axudas reguladas o 12 de maio de 2017 (DOG nº 104, do 2 de xuño de 2017).

Trátase dun curso de 200 horas, “Lavandería e limpeza de inmobles” que comezou o pasado 22 de xaneiro e que se prolongará ata o 19 de abril. Para este curso foron seleccionadas 8 persoas, derivadas polo Plan de Inclusión de Galicia a través do Equipo Comarcal das Pontes e usuarios de Saúde Mental Ferrol, Eume e Ortegal.

As clases prácticas do curso de lavandería faranse nas instalacións da lavandería do Centro Ocupacional da Asociación Saúde Mental Ferrol, Eume e Ortegal, e as prácticas externas con monitor desenvolveranse, como en anos anteriores, na Residencia Geriatros Narón.

As accións formativas serán impartidas, nos contidos específicos, por profesionais do Centro Ocupacional de Saúde Mental Ferrol, Eume e Ortegal, contando coa colaboración de dous técnicos do Plan de Inclusión de Galicia- Equipo Comarcal de As Pontes para impartir os módulos transversais.