A Asociación Saúde Mental Ferrol, Eume e Ortegal foi beneficiaria dunha subvención concedida pola Deputación da Coruña no marco do Programa FOAXE-C por importe de 14.425,69 euros para o financiamento do proxecto: “Centro de rehabilitación psicosocial e laboral: mantemento dos talleres ocupacionais, de estimulación cognitiva, de informática e a actividade de ioga do CRPL da Asociación Saúde Mental Ferrol, Eume e Ortegal en Narón”.
Esta colaboración contribúe a manter actividades fundamentais para a rehabilitación psicosocial, o desenvolvemento de habilidades persoais e sociais, a promoción da autonomía e a participación activa das persoas usuarias do Centro de Rehabilitación Psicosocial e Laboral de Narón.