A Asociación Saúde Mental Ferrol, Eume e Ortegal recibe a través de Inserta Empleo un concurso con un importe adxudicado de 29.384,67€ para a impartición de un curso na  Especialidade de Agricultura Ecolóxica.

O curso ten unha duración de 490 horas teórico-prácticas, realízase entre o 16 de maio e o 27 de setembro. Participan 12 alumnos procedentes da nosa asociación, do Hospital de Día e do Plan de Inclusión social de Galicia, Equipo comarcal das Pontes.

En canto ás 454 horas prácticas, unha parte realízase nos terreos de horta (cedidos polo Concello de Narón) da Asociación en Os Vicás-Narón, e a maior parte das horas prácticas realízanse nas instalacións da empresa Agronuquel S.L. en Neda.