O Concello de Ferrol renova mediante firma de convenio de colaboración a axuda económica de 3.000 € coa asociación Saúde Mental Ferrol, Eume e Ortegal para o ano 2018.
A axuda de 3.000 € ten como obxecto favorecer a integración laboral e social das persoas cun trastorno mental severo e mellorar as súas condicións de empregabilidade a través dun “Taller de horticultura ecolóxica”.