A Asociación Saúde Mental Ferrol, Eume e Ortegal recibe a través da Fundación ONCE, dentro da Convocatoria de Ayudas Económicas a Proyectos de Refuerzos da Empleabilidad de persoas novas con trastorno Mental, dentro do Programa Operativo de Empleo Juvenil Cofinanciado polo Fondo Social Europeo unha axuda económica de 20.000€.

O programa que se desenvolverá entre os meses de setembro e decembro, constará de 350 horas teórico-prácticas de formación individualizada, se realizará na Asociación Saúde Mental Ferrol, Eume e Ortegal, por profesionais da propia entidade, nel participarán catro novos menores de 30 anos, con diagnóstico de trastorno mental, certificado de discapacidade (igual ou superior ao 33%), inscritos coa condición de beneficiario no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil e con intereses e posibilidade de inserción laboral.