No ano 2018 recibimos da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, unha subvención a través dos Programas de Cooperación no ámbito da colaboración coas entidades sen ánimo de lucro, por importe de 38.307,00 € mediante o cal se contrataron a tres profesionais; a unha persoa auxiliar de axuda a domicilio para as vivendas protexidas, a unha condutora para achegar a os usuarios ás distintas actividades de rehabilitación psicosociais e ocupacionais que se realizan tanto nos centros da asociación como nos servizos comunitarios, e a unha profesora de baile, para que traballando a forma física dos usuarios, mellorar tamén a súa relación interpersoal.